Pareidolia espazo de arte

Espazo adicado á divulgación das artes plásticas mediante clases, obradoiros monográficos, exposicións e outros eventos culturais dirixido pola artista Alejandra Pardo. 

Sobre min

Estudei Belas Artes na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e na Kingston School of Art (Londres). Ademais do meu labor como profesora e xestora cultural, son artista galardonada con varios premios e distincións.

O meu proxecto

A arte é unha das mellores ferramentas para desenvolver a creatividade a calquera idade e aprender a aprezar a beleza e a traballar con distintos materiais.
Ademais, Pareidolia aspira a dinamizar a vida cultural en Teo, ao funcionar como sala de exposicións e acoller eventos culturais.

Historia do estudo

Hai varios anos, a artista Ana Costas decidiu abrir un estudo de Pintura nos Tilos, onde daba clases de debuxo, pintura e desenvolvemento da creatividade, ás que asistín ata comezar Belas Artes. Tras deixalo por motivos persoais, tiven a honra de que contase comigo para continuar co proxecto.

Achégate!

As clases son para alumnado de todas as idades e niveis de coñecemento previo,
as exposicións e eventos están abertos a todo o público e son gratuítos
e os obradoiros teñen prezos asequibles!