Exposicións e eventos culturais

Pareidolia espazo de arte busca dinamizar a vida cultural do concello de Teo mediante exposicións e outros eventos culturais, como presentacións de libros. 
Por suposto, son gratuítos e están abertos a todo o público, e busco crear un ambiente amable e cercano para achegar a arte e a cultura á cidadanía.
Abaixo podes consultar os vindeiros eventos e a exposición que está a transcorrer actualmente. Nas inaguracións das exposicións, ten lugar un encontro co/a artista, que explica a súa obra, coa intención de facer máis accesible a arte contemporánea.
Pódese visitar a exposición actual de luns a sábado con cita previa.

 Exposición "12-25/71-84", de Alexandra R.Rey

12/03/2020 - presente

Con este proxecto, a artista Alexandra R.Rey invita á reflexión e ao debate en torno á enfermidade do Alzheimer. 

Presentación do poemario "Raizame", de Petronila Daza

16/01/2020
"Raizame", o terceiro poemario de Petronila Daza, busca visibilizar o sufrimento dunha gran parte das mulleres en África, mutiladas, discriminadas ou oprimidas, tratando de remexer conciencias e invitando á reflexión.

Exposición "Alén dos lumes", de Rebeca Lar

09/01/2020 - 28/02/2020
A obra de Rebeca Lar xira fundamentalmente en torno á figura da bruxa e na representación da muller como tal. Nesta mostra, reflexiona e cuestiona certos produtos culturais e como afectan á percepción do xénero feminino, de forma irónica ou poética.

Exposición "Evas; Virxes; Mais Eu", de dTorea

17/10/2019 - 15/12/2019
A artista dTorea busca facer reflexionar sobre o dobre papel de muller na relixión católica: a Virxe, como modelo positivo e Eva, como modelo negativo, e como iso afecta ao comportamento e percepción de si mesmas que teñen -temos- as mulleres, incluso hoxe en día, incluso non relixiosas.