Sobre min

Natural dos Tilos, estudei Belas Artes na Facultade de Pontevedra, graduándome en 2019. Con este proxecto, busco a divulgación da arte en Teo a través de clases e eventos culturais.
Nas miñas clases, busco desenvolver a creatividade do meu alumnado a través da arte, principalmente debuxo e pintura, pero tamén arte contemporánea. Ao mesmo tempo, ensino distintas técnicas e temáticas, con exemplos da Historia da arte.
Todo isto combinado coa miña traxectoria como artista.